Un motorista resulta ferido en Boiro logo de chocar contra un farol

Por outra banda, o 112 Galicia informou dunha colisión entre dous vehículos na Estrada do Cruceiro, en Redondela, na que tres menores resultaron feridos de carácter leve.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2023 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Un motorista resultou ferido tras chocar contra un farol este venres, sobre as 17,00 horas, na estrada DP-1106, ao seu paso pola localidade coruñesa de Boiro.

Segundo trasladou o 112 Galicia, a moto que conducía chocou contra un farol, sen verse implicados máis vehículos no accidente. Ao recibir a información deste sinistro, os operadores da central de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.

Finalmente, o motorista foi trasladado polos servizos sanitarios ao Hospital do Barbanza para ser atendido das lesións provocadas polo accidente.


TRES MENORES FERIDOS LEVES

Por outra banda, o 112 Galicia informou dunha colisión entre dous vehículos na Estrada do Cruceiro, en Redondela, na que tres menores resultaron feridos de carácter leve.

Neste caso, o sinistro ocorreu sobre as 18,30 horas nesta estrada da localidade pontevedresa. Foron as propias persoas implicadas no accidente as que advertiron do sinistro ao 112 para solicitar asistencia médica para os menores.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta