Éxito de participación na V edición das Xornadas de Novela Negra de Verín

Un total de 1600 persoas participaron nas actividades que se desenvolveron os días 27 e 28 de xaneiro no Auditorio de Verín. Foron coordinadas e dirixidas polo xuíz e escritor Xosé Antón Vázquez Taín.

Por Galicia Confidencial | Verín | 02/02/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A organización das 'V Xornadas de Novela Negra de Verín' cualifica de "gran éxito de participación" o número de personas que asistiron ás mesmas, engadindo tamén que este resultado indica que o evento está "totalmente consolidado". Participaron nas actividades un total de 1.600 persoas (156 na actividade enfocada aos centros educativos, 680 nas conferencias do venres e 764 nas do sábado).

Biblioteca Municipal de Verín. Foto: XMF
Biblioteca Municipal de Verín. Foto: XMF

Dende a dirección da Biblioteca Municipal, entidade responsable da organización do evento, quixeron "agradecer ao público a súa fidelidade e, como sempre, recoñecer o gran esforzo e apoio mostrado por todos os seus voluntarios, colaboradores e patrocinadores; así como o de todas os autores e expertos que participaron nesta edición das xornadas e tamén, como non, a dilixencia mostrada do propio Concello de Verín á hora de facilitar as xestións necesarias para facer posible este evento".

Pola súa banda, Emilia Somoza, Concelleira de Cultura, felicitou aos organizadores por dar continuidade a esta proposta "que xa é un dos eventos máis importantes da completa axenda cultural verinesa".

"BLACK IN BLACK"

Baixo este título presentouse esta V edición das xornadas literarias dedicadas á novela negra en Verín e, ao igual que nas edicións pasadas, as conferencias foron presentadas por voluntarias da Biblioteca de Verín, buscando dar maior participación e visualización do proxecto, que nesta ocasión correron ao cargo de Ana García, Sofía Lorenzo e Sara Blanco. Tamén presentaron aos autores e autoras Noelia Gallego, Lorena Carnero e Inés García.

As xornadas foron coordinadas e dirixidas polo xuíz e escritor Xosé Antón Vázquez Taín, e contaron con escritores/as e relatores/as de moito nivel e estiveron dedicadas á Lolita Castro, voluntaria da Biblioteca do Concello de Verín finada recentemente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta