Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/02/2023 | Actualizada ás 15:06
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acaba de anunciar as datas previstas para algúns dos procesos selectivos abertos na Administración galega. Son 900 prazas para distintos corpos da función pública; C2, C1, A2 e outros, que terán os seus exames entre xuño e xullo deste ano.
Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Rueda dixo que hai 40.000 aspirantes para estas prazas que serán chamados en varias fases. Así os primeiros irán xa na primeira quincena de xuño para cubrir 24 prazas e o segundos na primeira quincena de xullo para cubrir outras nove prazas. Outras dúas estarán reservadas para persoas con algunha discapacidade.
"É a mellor forma que teñen estas persoas para planificarse e preparar esta proba con tempo e seguro que o van a agradecer", dixo Rueda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.