A Xunta critica aos técnicos do informe do viaduto da A-6: "Hai falta de información xeral"

Di que os técnicos da Xunta teñen outra opinión diferene sobre as causas do derrube e critica que se teña que enterr das solucións "a través de teletipos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2023 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

"Hai falta de información e a información que hai non é incompleta". O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, criticou con dureza tanto ao Goberno central como aos especialistas dos estudos técnicos contratado polo ministerio, Estudio MC2 e Ideam, que se encargaron de analizar as causas do derrube do viaduto do Castro, na A-6.

Guindastres traballan durante o desmonte das pilas 1 e 2 do viaduto do Castro, no quilómetro 430 sentido A Coruña da autovía A-6
Guindastres traballan durante o desmonte das pilas 1 e 2 do viaduto do Castro, no quilómetro 430 sentido A Coruña da autovía A-6 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

"Pido información. Quero que ese nos escoite, e quero que a reparación desta obra se tome coa mesma celeridade e interese que se a infraestrutura caera noutros sitios de España que vostedes teñen na cabeza", advertiu, a preguntas de GC na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

"Isto pasa de castaño escuro", manifestou Rueda, quen fronte á visión do Executivo central e do delegado do Goberno, José Miñones, en relación a que se explicaron as causas do derrube, considera que existe "unha absoluta falta de información" respecto diso. "O ministerio non quere informar sobre as solucións. A miña sensanción e a dos técnicos da Xunta é que Transporte non quere que saibamos as causas da caída do viaduto", dixo.

"A Xunta ten que ter outras canles de información e non enterarse do que se vai facer a través dos teletipos", dixo. Tamén lamentou que os transportistas, sector moi afectado ao tratarse da entrada a Galicia pola A-6, "teñan que escoitar cada día unha cousa distinta" en relación á reparación dos viadutos. "Non hai ningunha razón técnica para que primeiro se faga nun sentido e logo noutro; pódese facer perfectamente nos dous sentidos á vez. Isto o que demostra é que a reparación non é prioritaria nin se está tomando en serio por parte do Goberno", reprobou.

RECUPERACIÓN DA CIRCULACIÓN NESTE ANO

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, confirmou que se segue co mesmo prazo deste ano para a reapertura total do viaduto de O Castro na A-6, "en dobre dirección", que o pasado ano sufriu un colpaso.

"O que estamos a facer é un novo fito, seguir dando pasos do que se anunciou en novembro. Unha vez que sabemos as causas do colapso do viaduto e as actuacións para recuperar o tráfico en dobre sentido da A-6", manifestou, en declaracións aos medios, en Láncara, este xoves.

Así, destacou que ao longo destes meses, os técnicos traballaron en saber "cales eran as actuacións necesarias" nos vans e nos alicerces e, finalmente, eliminaranse "dous vans e só o alicerce do centro, que é o máis curto".

O obxectivo é "o mesmo, que ao longo deste ano se poida recuperar o tráfico a través dese viaduto, neste caso en sentido Madrid, en dobre dirección, como anteriormente ao colapso". Miñones insistiu en que "o importante" con "seguridade". No último mes estivo "a definirse" como se ía a facer ese traballo para a "retirada" dos vans, e vaise a facer cun sistema como o anterior, no que "a seguridade" vai primar, e no que "non vai haber o risco de ter que actuar sobre o van co mesmo mecanismo e que poida colapsar".

PRIORIDADE A SEGURIDADE

Nas súas declaracións, destacou que se vai a "priorizar" a seguridade e o tempo e que, unha vez que se retiren os dous vans e o alicerce, comezará a "reconstrución desa parte do viaduto, sen afectar á outra, e en paralelo, seguir traballando na anteiror".

Así as cousas, Miñones destacou que "seguirán traballando" e que, en canto aos medios e orzamento, "están aí, está dotado e non hai dificultade", o que lles permite "avanzar máis rápido".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta