Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2023 | Actualizada ás 12:42
A Dirección Xeral de Emerxencias activou unha alerta laranxa por fortes ventos na provincia da Coruña desde mediodía deste luns.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase vento do noroeste forza 8 de ata 74 quilómetros por hora. Respecto diso, a Xunta informou a municipios da provincia, deputación, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros.
No que vai de xornada, o maior refacho de vento rexistrada en Galicia produciuse de madrugada na Serra do Xistral, no municipio lucense de Muras, cunha velocidade de 105,7 quilómetros por hora.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.