Soben lixeiramente os casos covid e as hospitalizacións

Galicia rexistra 636 casos activos de covid e os hospitalizados continúan repuntando.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2023 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

Os casos de coronavirus continúan, unha xornada máis, a tendencia alcista en Galicia, con 636 activos, 15 máis que a xornada anterior, e 131 hospitalizados, dous máis.

En concreto, segundo os datos do último boletín da Consellería de Sanidade, que recompila ata as 18,00 horas deste martes, nas últimas 24 horas detectáronse 63 positivos e non se notificou ningún novo falecemento.

Por áreas sanitarias, a que ten máis casos activos é a de Santiago, con 135, que experimenta ademais o incremeto máis importante. Tamén soben os casos activos en Lugo, que ten 94, en Vigo, con 82, e en Ferrol, onde son 63. A área da Coruña mantense con 128 casos activos e baixan en Ourense (74) e lixeiramente en Pontevedra (60).

En canto aos hospitalizados, case todas as áreas repiten as cifras do último boletín: 34 na Coruña, 19 en Lugo, 16 en Santiago, 16 na área de Vigo e 8 en Ferrol. En Pontevedra hai un enfermo menos no hospial, 20, e en Ourense aumentan en tres, ata os 18.

Unha muller vacinase da cuarta dose de Pfizer na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
Unha muller vacinase da cuarta dose de Pfizer na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta