Podemos Galicia nomea á súa secretaria de Política e Comunicación coordinadora da campaña do 28M

A formación morada márcase como obxectivo "crear gobernos de esquerdas valentes".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2023 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

Podemos Galicia nomeou a Verónica Hermida, secretaria de Política e Comunicación e portavoz da actual dirección galega, como coordinadora das eleccións municipais do próximo 28 de maio.

A vilagarciá acaba de asumir postos de responsabilidade na dirección autonómica que encabeza Borja San Román, despois de ser xa a responsable de feminismos e de responsable de coordinación territorial.

Así mesmo, foi responsable da comunicación da agrupación local de Podemos en Vilagarcía de Arousa, en que a forza morada conta con representación local. "Coñece perfectamente a situación de cada concello e experimentou a política municipal de primeira man; contamos con que coordinará unha campaña que non deixará a ninguén indiferente", manifestou San Ramón.

Hermida anticipou unha "campaña de proximidade", en relación ao territorio e ás necesidades reais das persoas que o habitan. "Os municipios detentan moitas das competencias que inflúen profundamente na vida cotiá das persoas, imos presentar propostas en cada concello en cada concello adaptadas ás necesidades reais da xente", declarou.

A formación morada márcase como obxectivo "crear gobernos de esquerdas valentes" nas cidades e vilas galegas, que sexan capaces de "levar a cabo políticas que realmente transformen o día a día das persoas".

Verónica Hermida , responsable de Política e Comunicación de Podemos Galicia, coordinará a campaña para o 28M
Verónica Hermida , responsable de Política e Comunicación de Podemos Galicia, coordinará a campaña para o 28M | Fonte: PODEMOS GALICIA -Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta