A Cámara galega unánime: "Todos contra o cancro"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2023 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou unha declaración institucional, á que deu lectura o seu presidente, Miguel Santalices, na que os deputados se declaran "todos contra o cancro".

No manifesto, recóllese que no ano 2030 predíse que un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres vai ter cancro. En España diagnostícanse cada hora 32 novos casos e é a segunda causa de morte.

Así, tras lembrar que o Goberno de España declarou a iniciativa 'Todos contra o cancro' como acontecemento excepcional de interese público, o Parlamento galego pide un "esforzo" para divulgar este feito e visibilizar a enfermidade, un esforzo en "prevención", para incrementar a concienciación social e atención, para incrementar a anteción a pacientes e familiares para mitigar e paliar as necesidades clínicas e non clínicas.

Así mesmo, piden "investigación", é dicir, incrementar a investigación oncolóxica para que aumente a taxa de supervivencia en cancro.

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, le unha declaración institucional con motivo do Día Mundial contra o cancro
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, le unha declaración institucional con motivo do Día Mundial contra o cancro | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta