Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/02/2023 | Actualizada ás 13:09
O Goberno galego creará un consello empresarial para coordinar actuacións no sector aeroespacial pola vía da colaboración público-privada. Anunciouno o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, este luns na inauguración da xornada monográfica do polo aeroespacial de Galicia, que organiza a Xunta xunto ao Consorcio Aeronáutico Galego no Centro de Investigación Aeroportada (CIAR) de Rozas.
Este consello contará con empresas galegas, reunirase "periodicamente" e revisará "os avances", co obxectivo de "axudar" á toma de decisións, segundo apunta a consellería a través dun comunicado de prensa.
Na súa intervención, Conde destacou que o sector privado galego "debe liderar" os vehículos e sistemas non tripulados en España "e fóra", para o que chamou a "aproveitar o apoio" da administración autonómica para "transformalo en contratos, en investimentos en innovación e industriais e en emprego".
Subliñou, así, que a Xunta "confía en que o tecido empresarial, xunto cos centros tecnolóxicos e de investigación, sexa capaz, a través do Polo Aeroespacial de Galicia, de incrementar a súa participación en convocatorias de I+D nacionais e internacionais, en programas aeroespaciais e na venda da súa tecnoloxía noutros mercados".
333,6 MILLÓNS MOBILIZADOS
O vicepresidente afirmou que o investimento público-privada en torno ao polo foi "moi superior ao inicialmente esperado", con máis de 164 millóns no primeiros cinco anos. Nos dous anos do novo período de investimentos mobilizáronse" xa "máis do dobre", segundo incide, e achega o dato de 333,6 millóns de euros de fondos públicos e privados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.