Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 18/02/2023 | Actualizada ás 17:11
Unha persoa faleceu na tarde deste sábado na localidade pontevedresa de Vilaboa tras envorcar co seu tractor e quedar atrapada debaixo do mesmo. Tal como informaron fontes do 112 Galicia a Europa Press, os feitos ocorreron sobre as 15,00 horas e foi un particular o que alertou de que se produciu o accidente no lugar da Cuña.
Segundo indicaba, unha persoa quedara atrapada debaixo do vehículo. Por iso, avisouse aos servizos sanitarios, aos Bombeiros do Morrazo, a Protección Civil de Soutomaior, á Garda Civil e aos Bombeiros de Pontevedra. Unha vez no lugar, os bombeiros informaron o falecemento do condutor do tractor. A esta hora continúan no punto á espera de que se autorice o levantamento do corpo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.