Tres persoas feridas despois de saír da vía o vehículo no que circulaban en San Cibrao das Viñas

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 23,00 horas deste sábado, un dos implicados no accidente contactou coa central de emerxencias para alertar dos feitos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2023 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas tras saír da vía o vehículo no que circulaban na autovía A-52, ao seu paso polo concello ourensán de San Cibrao das Viñas.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 23,00 horas deste sábado, un dos implicados no accidente contactou coa central de emerxencias para alertar dos feitos. Nesta comunicación sinalaba que o coche no que viaxaba chocara contra o gardarraíl da autovía.

Así, con esta información, o 112 solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de San Cibrao das Viñas, do GES do Pereiro de Aguiar e da Garda Civil de Tráfico.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta