A xente segue circulando borracha polas cidades galegas

Interceptados en Lugo este fin de semana catro condutores que triplicaban a taxa de alcol permitida.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 20/02/2023 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a catro condutores que triplicaban a taxa de alcol permitida, tras levar a cabo un dispositivo nocturno de controis durante as noites do venres e do sábado.

En concreto, un condutor foi 'cazado' na avenida de Ramón Ferreiro sen carné de conducir por non obtelo nunca e cunha taxa de alcoholemia de 1,01 miligramos por litro de aire expirado, o que supón catro veces máis da permitida.

Tamén outro home foi interceptado na mesma vía triplicando a taxa de alcol permitida e sen carné, retirado por orde xudicial. En Rolda Norte, un vehículo estaba a ser conducido por unha muller que deu resultado positivo de 0,72 mg/l, mentres que na Avenida da Coruña outro condutor arroxou 0,79 mg/l nas probas de alcol.

Ademais, a Policía Local tamén detectou a polo menos outro tres condutores que resultaron positivo nas probas do alcol, con taxas que non superaban o 0,50 mg/l.

Proba de alcolemia
Proba de alcolemia | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta