Na procura dun gran roteiro na Costa da Morte

Asociacións, administracións e entes turísticos súmanse á petición de que o Camiño dos Faros se homologue como sendeiro de Gran Percorrido (GR).

Por Galicia Confidencial | Muxía | 07/01/2015 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

O Camiño dos Faros vai camiño de converterse nun dinamizador turístico da Costa da Morte. Por iso, xa son varias as administracións e entes turísticos que piden que este percurso se homologue como Sendeiro de Gran Percorrido (GR).

Camiño dos Faros
Camiño dos Faros

Nos últimos días foron varias as asociaciós que se sumaron a esta reclamación, entre elas, a Asociación Cultural Malante (Malpica), a Asociación Veciños Eduardo Pondal (Corme), o Colectivo Ecoloxista PX (Ponte do Porto), a Asociación O Eón dos Faros, a AEPT (Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas), a Asociación de Vecinos de Fisterra “Costa da Morte”, a Universidade Cromática de Corcubión, o Club Ciclista Cee ou a ACDR Pedramar O Pindo.

Ao longo do mes de xaneiro presentaráse ante a Deputación da Coruña este proxecto co fin de que se involucre na súa consolidación e se convirta así no promotor desta Ruta de Gran Percorrido.

Dende a Asociación Camiño dos Faros fan un chamamento a todas os entes públicos e asociacións que se queiran adherir ó comunicado. Para iso, deben de poñerse en contacto con eles en traskimail@gmail.com

Coa colaboración de Que Pasa na Costa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta