A Xunta anuncia un investimento de 500.000 euros para numerosas actuacións arqueolóxicas en Pontevedra

“Desde a Xunta estamos a velar polas boas condicións e a conservación do noso patrimonio“.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/08/2025 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

A Xunta destinará preto de 500.000 euros para realizar unha vintena de actuacións arqueolóxicas na provincia de Pontevedra durante este 2025. Así o anunciou este martes o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, durante unha visita ao xacemento do Castro, en Salvaterra de Miño, "onde xa se investiron 20.000 euros e estudarase a necesidade de novas accións para os próximos anos", adiantou.

O máximo responsable de Patrimonio da Administración autonómica lembrou que estes traballos na provincia de Pontevedra están organizados ao amparo do Plan de actuacións arqueolóxicas que cada ano se pon marcha desde o Goberno galego. "Desde a Xunta estamos a velar polas boas condicións e a conservación do noso patrimonio máis singular nun compromiso co legado dos nosos devanceiros, á vez que no deber colectivo de preservalo para as xeracións actuais e futuras", destacou.

En total, sinalou que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinará este ano 1,5 millóns de euros para 81 accións en xacementos por toda Galicia, que se realizarán en solitario ou en colaboración con institucións académicas e concellos. No caso concreto da vintena de intervencións que levarán a cabo en Pontevedra, López Campos reivindicou o "elevado e incuestionable compromiso" coa provincia.

Un equipo de arqueoloxía e restauración traballa no xacemento localizado en Sobrado. XUNTA
Un equipo de arqueoloxía e restauración traballa no xacemento localizado en Sobrado. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta