A Xunta defende a vertedura de augas residuais depuradas de San Finx porque "conta con todas as garantías"

Francisco Conde remarca que non se autorizou a actividade mineira e pide á oposición "non retorcer a realidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2023 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asegurou este mércores no Parlamento que a autorización de Augas de Galicia da vertedura de augas residuais depuradas da mina de San Finx "axústase escrupulosamente ao establecido na normativa vixente de aplicación e que a súa tramitación se desenvolveu con todas as garantías para as partes implicadas".

Así respondía a unha interpelación formulada cojuntamente polos grupos socialista e nacionalista no Parlamento, onde lembrou que a autorización da vertedura "non permite o desenvolvemento da actividade mineira nese punto da explotación".

Tal e como apuntou, para poder levar a cabo a fase de explotación mineira na planta quinta e inferiores, que están alagadas, o titular dos dereitos debe presentar e tramitar a actualización de proxectos, e esta autorización debe someterse previamente á tramitación ambiental.

A autorización da vertedura está supeditada ao cumprimento de 18 requisitos para a correcta xestión das medidas de depuración e á atención estrita das normas de calidade ambiental e farase un seguimento e control exhaustivo para evitar a afección do río Pesqueiras ou arroio de Rabaceiros.

"A Xunta traballa a favor dunha minaría responsable e sustentable, que cumpra escrupulosamente coa normativa vixente e cos parámetros de calidade ambiental establecido", insistiu Conde, que acusou á oposición de "retorcer a realidade".

Contaminación do rego de San Fins, en Lousame
Contaminación do rego de San Fins, en Lousame | Fonte: ADEGA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta