Cales son as sustancias con máis adictos?

A Asociación Érguete publicou os datos sobre as condutas aditivas dos seus usuarios

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2023 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

Un 33% das persoas usuarias da Asociación Érguete presentan unha conduta adictiva á cocaína, mentres que un 25% téñena co cannabis. Estes datos, publicados pola propia asociación nun comunicado, "non sorprenden, xa que na maioría das enquisas son as sustancias ilegais con máis consumidores".

Así o indica a coordinadora da Asociación, Elvira Rivas, que engade que os problemas de adiccións ao alcol son "moi elevados", un 26%, o mesmo porcentaxe que presenta a heroína.

Alertan tamén da "crecente adicción aos fármacos, sobre todo ansiolíticos e antidepresivos", cunha "especial relevancia" entre as mulleres usuarias. Un 18% das residentes nas vivendas de acollida, apuntan, presentaron durante o ano pasado unha dependencia a estas sustancias.

"É unha dinámica habitual na sociedade actual, cada vez máis dependente destas pastillas para aguantar o ritmo de vida que nos esixe", lamenta, mentres insiste "na importancia de pór especial atención en mellorar os recursos e profesionais da saúde mental no noso sistema sanitario".

Indican tamén que o consumo temperán é outro dos factores relevantes entre as persoas con adicción. O 83% dos usuarios consumiron por primeira vez antes dos 18 anos, dos que un 30% cometeu o seu primeiro delito antes dos 19, segundo explican.

CDB, cannabis
CDB, cannabis | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta