A Xunta reivindica o "carácter estratéxico" de feiras como ARCO para "promover o talento de Galicia"

A Administración autonómica lanzará en abril unha nova convocatoria de axudas para favorecer a presenza do sector nestas citas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2023 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, reivindicou o carácter "estratéxico" de feiras e mercados como ARCO, a principal feira de arte contemporánea do país, para "promover o talento de Galicia e establecer pontes de unión con artistas de todo o mundo".

Lorenzo acompaña aos profesionais galegos das artes visuais nesta feira e, ademais, visitou as galerías de arte que participan en JustMad e Art Madrid. Lembrou ademais que, ao amparo do novo Plan Xeración Cultura, que dedica o seu quinto eixo a promover a proxección exterior e a internacionalización do sector, a Administración autonómica lanzará en abril unha nova convocatoria de axudas para favorecer a presenza do sector nestas citas.

"Na última convocatoria beneficiáronse desta convocatoria case unha decena de galerías de arte galegas que participaron en citas de Madrid, Londres, Lisboa, Suíza, Francia, Italia, Seúl ou Colombia, entre outras", explicou.

Estas axudas, que poderán solicitar tamén os profesionais que participen nas citas deste fin de semana, súmanse ao convenio anual que a Administración autonómica mantén coa Asociación de Galerías de Arte Contemporánea para apoiar "de forma transversal a creatividade no ámbito das artes visuais".

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, nunha comisión do Parlamento galego. XOÁN CRESPO
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, nunha comisión do Parlamento galego. XOÁN CRESPO | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta