En vehículos eléctricos o fabricante consegue unha cota do 14,1%, 1,2 puntos porcentuais máis que en xaneiro
  comenta   0
Álvaro Doural é presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, sita en Ribadeo. Desde esta asociación e as empresas e centros asociados búscase a potenciación na formación dun alumnado pensando no futuro da mecánica. Entre outros proxectos está a investigación sobre motores de hidróxeno. Mais por outra parte, APAGA tamén apoia o intercambio de alumnos e alumnas entre centros de diferentes países coa Mariña enviando alumnado estranxeiro a empresas locais e viceversa, todo para unha formación pensando no futuro.
Máis de 765.000 persoas perderon a vida no mundo entre 1993 e 2022 por máis de 9.400 fenómenos meteorolóxicos extremos.
  comenta   0
O modus operandi consistía en captar fondos, repartir pequenas cantidades como supostos beneficios e atraer novos investidores.
O xurado vén de seleccionar os nove proxectos que formarán parte da súa XV edición, que terá como lema “Cambio Climático: unha oportunidade para os xardíns”.
  comenta   0
O texto saíu aprobado nunha reunión en Bruxelas coas únicas abstencións de Alemaña e Grecia, pero cunha declaración anexa de Italia e Romanía moi crítica co proceso para tramitar esta recomendación e que cuestiona a base científica para soster que os riscos pola exposición ao vapeo xustifican ampliar a estes produtos as mesmas restricións que ao tabaco tradicional. España respalda ao completo a recomendación.
  comenta   0
O suízo-italiano Adrien Bordone aborda nun documental a vida daqueles adolescentes amigos seus, nados en Suiza, pero que viñeron a Galicia canda os pais. A súa integración nun mundo moi diferente ao de Suiza foi difícil para algúns deles.
  comenta   1
Unha investigación realizada polo catedrático de Medicina Legal e Forense da Universidade de Granada José Antonio Lorente conclúe que Colón era xudeu sefardí. Agora ben, de onde? A cousa queda no aire.
  comenta   0
O Galicia Confidencial fala co mestre, etnógrafo e historiador Clodio González sobre esta tradición popular que motivou algunhas das romaxes máis importantes de Galicia na actualidade.
  comenta   0
Stellantis estuda nomear un novo CEO en substitución de Carlos Tavares. O presidente da compañía, John Elkann, atópase insatisfeito coas vendas do grupo en Norteamérica.
  comenta   0
O 'live streaming' consiste en retransmisións en directo dunhas cinco horas de duración, que inclúen pasarelas, percorridos polo probador e a área de maquillaxe. Este método de venda ten un peso considerable nas vendas por comercio electrónico en China.
  comenta   0
A pesares das 500 incidencias acumuladas nos trens Talgo dende o pasado 21 de maio, afirmou que "España está moi por diante en materia de puntualidade, mesmo coas incidencias", de países como Italia, Francia e Alemaña.
  comenta   0
En concreto, os grupos de mercadoría que condicionan positivamente o tráfico portuario neste primeiro semestre son os tráficos do sector da automoción, a pesca conxelada, os metais e as súas manufacturas, as froitas, hortalizas e legumes, os produtos químicos e as madeiras.
Os recentes comicios ao Parlamento europeo pechan o circuíto electoral que comezou ao remate do mes de Maio de 2023 coa cita relativa aos concellos e aos Parlamentos dalgunhas CC.AA. e que transitou por diversas "estacións" relevantes (Cortes Xerais do Estado e Cámaras lexislativas de Galiza, Euskadi e Cataluña). Neste momento non sabemos se existirá unha engádega no vindeiro outono por mor dunha eventual repetición da consulta ao Parlamento catalán.
  comenta   0
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou este martes nun 67 % o nivel de ocupación hoteleira na cidade durante o mes de maio, cunha media de 2,13 días de estancia.
A loita contra a violencia machista e a discriminación salarial, entre as prioridades do escano galego na UE.
  comenta   0
Os modelos T03 e C10 serán os primeiros en chegar a Europa e presentarase un modelo novo cada ano durante o próximos tres exercicios.
Nun novo capítulo da nosa serie sobre especies invasoras en Galicia o portavoz de Amigas da Terra, Antón Lois, cóntanos como 'Arundo donax' perxudica os nosos ecosistemas autóctonos. Polo momento, goza de total impunidade, pois carece de inimigos naturais, aínda que se di que "as especies invasoras teñen un par de séculos de impunidade, pero máis tarde ou máis cedo chega algún insecto ou fungo que as pode atacar".
  comenta   0
O Foro Económico destaca a marca exportadora de Galicia en 2023 polo tirón da automoción. Tamén é a primeira potencia da
  comenta   0
Funergal, a única feira internacional no país do sector funerario, celebrarase en Ourense entre o 16 e 18 de maio coa presenza de nove países: España, Portugal, Italia, Países Baixos, Polonia, México, Ecuador, O Salvador e China.
  comenta   0
O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz reuniuse este 13 de decembro para seleccionar os 9 xardíns que formarán parte da XIV edición do Festival que terá como tema “O xardín é unha obra de arte”. Catro das creacións a concurso chegan de Madrid, dúas son galegas e de fóra do estado haberá unha de Austria, unha de Portugal e outra de Ecuador.
  comenta   0
Os procedentes de México son os que realizan un maior desembolso de turismo por Galicia, con 534,2 euros, tras o que se atopan suízos (526,7 euros) e estadounidenses (400,6 euros). Portugal é o país con máis visitantes en Galicia neste mes, con 122.720, seguido de Francia (84.900) e Reino Unido (24.230).
  comenta   0
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a tenente de alcalde, Eva Villaverde, recibiron este luns a unha nova delegación estranxeira como parte do Proxecto 'AcessoCidades: cidades máis accesibles e conectadas'.
  comenta   0
Prado liderou o campionato desde o 11 de marzo, cando arrincou a tempada en Arxentina, e este domingo logrou matematicamente o título tras imporse nunha primeira manga na que lle valía con ser segundo e despois de aproveitar un erro do francés Romain Febvre, o seu principal rival.
  comenta   0
Calviño coincide na cidade con outros tres candidatos a presidir o Banco Europeo de Investimentos. A vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital en funcións opta a converterse na primeira muller presidenta do BEI, un fito para a institución e para España.
  comenta   0
A denuncia presentouna en Italia súa nai, que levaba varios días sen poder contactar con el, e resulta que estaba en perfecto estado, en Melide, e que non podía contactar coa familia porque tiña o móbil inoperativo.
  comenta   0