Feira de funerarias en Ourense en maio: a única feira internacional do sector

Funergal, a única feira internacional no país do sector funerario, celebrarase en Ourense entre o 16 e 18 de maio coa presenza de nove países: España, Portugal, Italia, Países Baixos, Polonia, México, Ecuador, O Salvador e China.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/04/2024 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

Funergal, a única feira internacional no país do sector funerario, celebrarase en Ourense entre o 16 e 18 de maio coa presenza de nove países: España, Portugal, Italia, Países Baixos, Polonia, México, Ecuador, O Salvador e China. En concreto, trátase da duodécima edición da Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios (Funergal) e o 3º Congreso Internacional de Directivos Funerarios.

No 3º Congreso Internacional de Directivos Funerarios abordaranse temas como: o decreto de sanidade mortuoria de Galicia; a nova Lei de Formación Profesional; a comunicación de crise no sector funerario, co "poder das redes sociais nas homenaxes en cida; distintos procesos tanatolóxicos ou do papel dos cemiterios no seu compromiso ambiental".

Ademais, contará cun programa que inclúe unha visita a unha adega da Denominación de Orixe (DO) Ribeiro e unha cea de gala, que conta co apoio de Interfunerarias, para probar a enogastronomía da provincia de Ourense. Esta 12ª edición está patrocinada pola Deputación Provincial de Ourense e conta co patrocinio de grupos empresariais do sector.

Funergal 2022
Funergal 2022 | Fonte: FUNERGAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta