A Deputación de Pontevedra mobiliza 9,8 millóns para achegar recursos aos concellos da provincia

Tamén inclúe actuacións de mellora en sete estradas provincias

Por E.P. | Pontevedra | 10/03/2023 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, compareceu este venres en rolda de prensa para dar conta dos asuntos aprobados pola Xunta de Goberno Provincial que, entre outros asuntos, mobilizou outros 9,8 millóns de euros "para seguir garantindo dereitos e servizos na provincia".

En palabras da mandataria provincia, trátase de recursos en materia de cooperación cos concellos, infraestruturas e cohesión social que destinan 3,1 millóns de euros en 18 axudas do 'Plan Concellos' para 12 municipios.

Ademais, outros 3,1 millóns de euros irán a actuacións de mellora en sete estradas provinciais e 2,5 millóns de euros en instalacións xeotérmicas, de biomasa e iluminación exterior sustentable, e en accións do programa 'Da túa man' para promover o apoio a mercados e ás zonas comerciais urbanas.

Ademais, o goberno provincial adxudicou a Falcón Viaxes a xestión, desenvolvemento e execución do programa 'En Ruta coa Depo 2023', ao que se destinan 479.450 euros para habilitar 20.000 prazas para un total de 33 rutas. As inscricións para participar nesta actividade xa están abertas ata o 14 de marzo.

Carmela Silva tamén anunciou que o próximo 28 de marzo, en Italia, a Sociedade Internacional da Camelia distinguirá ao xardín de camelias da Leira do Areeiro co recoñecemento de 'Xardín de Excelencia Internacional'. Sumarase así ao Castelo de Soutomaior, tamén dependente da Deputación de Pontevedra e que xa conta con esta distinción.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva | Fonte: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta