Ecoloxistas recorren contra a autorización de verteduras de augas residuais en San Finx

Chaman a manifestarse o sábado en defensa da ría en Noia

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 27/02/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A entidade Ecoloxistas en Acción vén de presentar un recurso á autorización de vertedura de augas resiudais da mina de San Finx polos prexuízos que a actuación pode causar ao val fluvial afectado, así como á conectividade ecolóxica e á Rede Natura 2000. Deste xeito, solicitan a suspensión imediata da resolución de autorización de vertedura á cunca da ría de Muros e Noia. 

Mina de San Finx, en Lousame
Mina de San Finx, en Lousame | Fonte: Ecoloxistas en Acción.

"A autorización pola Xunta realízase sen ter en conta a existencia de catro balsas mineiras", sinalan. Tamén apuntan a perigosidade dunha destas balsas, que se atopa no leito do propio río, polo seu material acumulado e o seu grao de deterioración.

"Resulta canto menos controvertido que se minimice o contexto hidrolóxico no que se concede a autorización, antes débese facer cumprir o plan de restauración mineira e proceder á drenaxe e eliminación das balsas", explica Verónica Crecente, da área de Minería do colectivo. 

MANIFESTACIÓN O SÁBADO EN NOIA

"Defende a ría. Defende a vida" é o lema baixo o que Ecoloxistas en Acción chama á mobilización cidadá o sábado en Noia, xunto a outros colectivos sociais, para a defensa do estilo de vida e das actividades vinculadas ao mundo do mar, sector do que na bisbarra se depende de maneira directa ou indirecta. 

Sinalan que as aguas residuais que a mineira pretende verter á cunca fluvial superan os límites fixados nas normas de calidade ambiental para cadmio, cobre e zinc, metais pesados bioacumulables, tal e como demostras as analíticas presentadas por Augas de Galicia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta