Allariz, a vila galega onde aumenta a reciclaxe ano a ano

Segundo indican de fontes locais os datos de 2022 sobre recollida selectiva de lixo no concello superaron os números acadados na anualidade anterior.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 01/03/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O traballo do Concello de Allariz e a concienciación e colaboración da súa veciñanza fan posible que que os datos de recollida selectiva de lixo vaian en aumento ano tras ano.

Colectores na Rúa do Piñeiro. Foto: Concello de Allariz.
Colectores na Rúa do Piñeiro. Foto: Concello de Allariz.

No que respecta ao lixo depositado nos colectores de rexeitamento xeral redúcese en 41.436 quilos con respecto ao ano 2021, quedando en 178.0374 quilos recollidos. En canto ao colector amarelo, os números achegados seguen a ser positivos, aumentando un 4,3% a recollida selectiva de envases. No pasado 2022 os números da taxa de recollida quedaron en 171.300 quilos.

No que ten que ver coa recollida de vidro, neste apartado incrementouse a reciclaxe nun 5,24 %, chegando no 2022 aos 214.700 quilos.

O concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, agradeceu días atrás a implicación da veciñanza e lembrou que "este proxecto é un labor de todos e todas, e debemos continuar para seguir mellorando, xa que aínda queda moito traballo por facer".

“Por ter unha referencia, coa reciclaxe de seis latas ou briks contrarréstase a emisión de dez minutos dun tubo de escape, ou con corenta botellas de plástico pódese elaborar un forro polar”, explicaba Bernardo.

MENSAXE DENDE O CONCELLO

"O mellor residuo é o que non se xera", lembran dende o Concello de Allariz insistindo en que toda a veciñanza debe tentar reducir a cantidade de envases que empregan e seguir apostando polo uso de envases recuperables e reutilizables.

A mensaxe de esperanza e de agradecemento é para todos aqueles que están a colaborar, pero tamén unha chamada de atención para aqueles que aínda non o están a facer, "porque a responsabilidade sobre o que está a sufrir o noso planeta e de todos e todas", din.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta