Pontón denuncia que Galicia é unha "colonia enerxética" de Madrid tras o acordo dos eólicos marijños

O Goberno desta o acordo sobre os parques eólicos mariños.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 01/03/2023 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "ataque ao medio ambiente e á economía galega que se pretenda instalar nas costas galegas a metade da eólica mariña prevista para todo o Estado". Así se expresaba este mércores respecto ao plan aprobado polo Consello de Ministros relativo á autorización de parques eólicos mariños en Galicia.

"Estamos a ver como o Goberno do Estado traballa para defender os intereses das eléctricas e colócase de costas á defensa do medio ambiente e tamén de costas a un sector vertebral para a economía galega como é o sector pesqueiro", denunciou.

Así, os nacionalistas rexeitan "por completo" as pretensións do Executivo e pide "que non se lle poña a etiqueta de verde ao espolio enerxético galego, nin tampouco a unhas eléctricas que soamente se preocupan pola súa conta de resultados".

Considera a líder nacionalista que non se trata dunha aposta polas enerxías renovables, "senón de aproveitarse da situación todo o lobby eléctrico para seguir sacando tallada á conta do medio ambiente de Galicia", xa que a Comunidade "xa duplica" a taxa de enerxías renovables pretendida por Europa para 2023.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este mércores no Parlamento de Galicia
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este mércores no Parlamento de Galicia | Fonte: Europa Press

MIÑONES

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, puxo en valor "a necesidade e a oportunidade histórica" que, ao seu xuízo, supoñen os plans de ordenación do espazo marítimo (POEM) para a Galicia , á vez que destacou o "consenso" ao que se chegou con sectores implicados.

En declaracións aos medios de comunicación, Miñones subliñou que a través destes plans o Executivo central actúa con "responsabilidade", xa que tratou de elaboralos a partir de múltiples reunións con diferentes sectores, o que levou a que o documento definitivo deches dos borradores iniciais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Santi

Que poñan os muíños no Paseo da Castellana!!!! Estamos fartos de que nos traten como subditos!!!!