A coordinadora local 'Un Vento Vén', busca "facer visible a crecente oposición, tanto no ámbito rural como urbano", ante a proliferación de polígonos eólicos.
Unha manifestación, convocada pola coordinadora Un vento vén, percorrerá este domingo, 21 de maio, as rúas de Lugo para reclamar "unha moratoria eólica inmediata en todo o territorio galego".
Esta campaña iniciase hoxe, 16 de maio, e irá lanzando retos a medida que o DOG vaia publicando as autorización de proxectos eólicos.
  comenta   0
A lexislación galega prevé unha serie de estudos de impacto ambiental e cultural antes da construción de infraestruturas. Desta maneira búscase a protección de diferentes xacementos previamente coñecidos e aqueles descoñecidos que afloran en pleno estudo de impacto cultural. Pero, que fan as empresas eólicas cando realizan os seus proxectos?.
  comenta   0
Rueda insiste en que o Goberno galego reserva a "acción de ouro" para evitar proxectos que non sean do intrerese de Galicia. Tamén avanza un canon para as empresas que xestionen parques eólicos mariños.
  comenta   0
Plataformas veciñais e deportivas mostaron o día 1 de maio a súa preocupación polo que poida pasar cos montes do Larouco. Neste lugar estaba prevista unha liña de alta tensión que levaría a electricidade de dous parques eólicos a unha subestación no encoro das Cunchas. En relación a isto, a plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova denuncia a presenza de supostos representantes de empresas que ofrecen contratos de arrendamento a propietarios e propietarias baixo a presión de “se non asinan haberá expropiación”.
  comenta   1
O 1 de marzo abriuse un prazo de dous meses para que as empresas presentasen os seus proxectos para a creación dun gran hub de eólica mariña en Punta Langosteira, con destino á exportación ao norte de Europa.
  comenta   0
Segundo a misiva oficial do concello, a administración local presentou as súas alegacións "en tempo e forma" o pasado 9 de marzo de 2021.
  comenta   0
A multinacional tramita en Galicia 1.000 MW de parques eólicos con acceso e conexión, dos que 650 MW xa obtiveron unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) positiva.
  comenta   0
Pídese tamén que se continúe coa avaliación das afeccións que, na biodiversidade, no patrimonio cultural, na paisaxe ou na saúde pública, entre outras, estableza o órgano ambiental.
  comenta   0
Os colectivos que forman parte da plataforma esixen a inmediata paralización duns 150 expedientes eólicos que a Xunta de Galicia aínda mantén en tramitación.
  comenta   0
Salvemos Cabana lembrou que o macizo de Pena Trevinca está amparado pola Rede Natura e clasificado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).
  comenta   0
O colectivo ecoloxista acordou manter o seu apoio ao ensino público, a Coordinadora Eólica Así Non e as asociacións que reclaman a marcha de Ence da ría de Pontevedra.
  comenta   0
Segundo os ecoloxistas, sobre o mesmo tramo costeiro, a mesma promotora (EDP) presentou tres parques eólicos, nunha operación de "fragmentación artificial"
  comenta   0
Preto de 60 veciños da contorna reuníronse para abordar a problemática dos proxectos eólicos
  comenta   0
A Plataforma Sur Da Dorsal Galega organiza o I Festival do Suído o sábado 15 de abril na Laxe, Fornelos de Montes.
  comenta   0
Artistas de diversas disciplinas comezan unha nova vía de expresión contra a instalación desmedida de polígonos eólicos. Recollendo o espírito da 'Burla Negra' nace a 'Burla Verde' para concienciar sobre a beleza vital dos montes fronte á implantación indiscriminada de aeroxeradores por parte das grandes eléctricas.
  comenta   0
O aguiacho cenizo e o pálido, con presenza en Galicia, sofren un "vertixinoso declive" que se agravaría cos novos proxectos.
  comenta   0
A aprobación dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) o pasado mes de febreiro vén de abrir definitivamente unha gran fenda entre o Goberno español e gran parte dos sectores pesqueiro e ecoloxista galegos. Xa hai seis grandes multinacionais agardando, entre elas, Iberdrola, Ferrolvial ou Energy.
  comenta   1
Tamén pon o foco na produción doméstica e o autoconsumo, especialmente pola súa potencialidade para abastecer os núcleos rurais que presentan maiores dificultades para acceder ás vías de distribución de enerxía.
  comenta   0
O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 50 MW, segundo os informes do xestor da rede de novembro de 2019 e de marzo de 2021.
Os proxectos eólicos programados en chan galego están creando un profundo debate sobre todo nas áreas onde se queren instalar. Se ben hai un par de décadas non suscitaran grandes polémicas entre a poboación, sobre todo no rural, agora parece existir un posicionamento que cuestiona, cando menos, a súa instalación en áreas consideradas sensibles.
  comenta   2
A plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova declara que a DIA favorable do proxecto eólico 'Lamas II' supón, segundo avisa da pasividade da Xunta fronte a protección ambiental.
  comenta   0
Denuncian a ausencia dun estudo previo sobre como poden afectar as zonas escollidas polo Goberno para a disposición de parque eólicos mariños ás rutas de migración
  comenta   0
O Executivo di que a avaliación ambiental "non atende a mecanismos de plans estratéxicos" de planificación enerxética autonómicos.
  comenta   0