Declarada de utilidade pública a repotenciación do parque eólico entre Mañón e Ortigueira

O Diario Oficial de Galicia (DOG) fai público este xoves un acordo do Consello da Xunta do pasado 26 de maio para este proxecto de Iberdrola

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2025 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

A Xunta declarou de utilidade pública a repotenciación do parque eólico Serra da Panda, situado entre os municipios coruñeses de Mañón e Ortigueira, que suporá reducir de 19 a oito os aeroxeradores existentes.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) fai público este xoves un acordo do Consello da Xunta do pasado 26 de maio para este proxecto de Iberdrola.

Ademais, declara a compatibilidade do parque eólico co aproveitamento forestal dos seguintes montes afectados: monte veciñal Coriscada e Vilariño (pertencente a comunidade de montes da parroquia de Mañón) e o monte de utilidade pública Carabelote (Concello de Ortigueira).

Esta resolución, asinada pola directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, inclúe un anexo dunha vintena de donos de terreos afectados pola renovación tecnolóxica do parque.

Muíños eólicos
Muíños eólicos | Fonte: EDP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta