Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2023 | Actualizada ás 17:08
A Deputación de Pontevedra presentou este mércores unha "intensa" programación a desenvolver con motivo do Día Internacional da Muller, o 8 de Marzo, baixo a lema 'A nosa voz, o noso espazo, os nosos dereitos'.
A presidenta da administración provincial, Carmela Silva, explicou que "ante os novos/vellos ataques polos logros conseguidos polo feminismo", desde a Deputación de Pontevedra incrementarán "os esforzos para reivindicar" a voz das mulleres, o seu espazo e os seus dereitos "en todos os ámbitos".
O 1 de marzo, ás 20,00 horas, no salón de actos do Museo Marco de Vigo terá lugar a conferencia-coloquio 'A loita das mulleres da escrita' e o día 3 colocaranse as lonas do Día Internacional da Muller nas sedes da Deputación en Pontevedra e Vigo. Ademais, tamén se inaugurará a exposición 'Muller e sustentabilidade do mar' en Vilaboa.
O 4 de marzo, ás 10,00 horas, na sede da Deputación en Vigo desenvolverase unha formación en igualdade. O mesmo día, ás 12,00 h oras, na Casa da Auga das Neves, presentarase 'Mulleres extramuros', un proxecto integral de interacción, intervención, creación e convivencia de artistas plásticas no rural.
O 7 de marzo, o Auditorio municipal do Grove acollerá unha acción artística de Xelo Marx e Maya Marx, enmarcada no programa 'Abrandares en acción. Violencia zero'. Tamén está programada a entrega dos Premios Emilia Pardo Bazán, na Sede da Deputación en Vigo.
ACTO CENTRAL
O acto central do 8M en Pontevedra será ás 11,00 horas no Pazo provincial, cunha acción artística que leva por título 'Alguén aquí?'. Trátase dunha peza que tentará destacar o estado de alarma e reafirmar a urxencia de non baixar a garda, de renovar esforzos, de espertar máis conciencias...
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.