Un roubo con violencia en Ourense acaba con dúas persoas detidas

Os detidos son un home de 33 anos, veciño de Ourense, e unha muller de 19, tamén veciña da cidade.

Por E.P. | OURENSE | 04/03/2023 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ourense informou da detención dun home e dunha muller por un suposto roubo con violencia dun supermercado.

Nun comunicado, trasladan que a detención se produciu na pasada xornada sobre as 18,00 horas na Rúa Cruz Vermella. Os detidos son un home de 33 anos, veciño de Ourense, e unha muller de 19, tamén veciña da cidade.

Ás 12,50 horas, recibiuse unha chamada na sala de comunicacións da Policía Local por un suposto roubo con violencia nun supermercado na Avenida de Zamora, no número 18.

Ata o lugar trasladáronse varias dotacións, aínda que os autores xa abandonaran o lugar. Anteriormente, ao ser sorprendidos cando tentaban roubar, agrediron na súa fuxida a persoal do supermercado.

Policía Local Ourense
Policía Local Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta