Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2023 | Actualizada ás 11:07
Podemos Galicia reivindicou a educación como "ferramenta imprescindible" para a igualdade real e rexistrou propostas nos Concellos para animar a traballar nunha "verdadeira educación feminista".
Nun comunicado remitido aos medios, a formación pon en valor o papel da educación en todos os ámbitos como ferramenta de transformación, especialmente a educación sexual como "xeradora de igualdade e vacina contra as violencias sexuais".
Na proposta remitida aos concellos, Podemos Galicia lembra que a xa en 1999, a Conferencia Internacional sobre a Poboación e o Desenvolvemento especificou a responsabilidade dos poderes públicos en proporcionar información á infancia e adolescencia sobre saúde sexual e reprodutiva, formal e non formal, como parte do seu labor para fomentar o benestar e afianzar a igualdade, así como promover condutas sexuais responsables.
A secretaria de feminismos de Podemos Galicia, Andrea Obenza, considera que o camiño cara a unha sociedade igualitaria e sen discriminacións pasa por dotarse dunha verdadeira educación feminista. Ademais, destaca que as reivindicacións da súa formación por este Día Internacional da Muller pasan pola educación e, especialmente, a educación afectivo-sexual como a "mellor vacina contra as violencias sexuais e o bullyng".
A formación busca que o 8M sexa o "impulso necesario" para conseguir nas eleccións municipais de maio gobernos que poñan en marcha políticas públicas feministas, "en consonancia co financiamento histórico" que, segundo sinala, a Ministra de Igualdade, Irene Montero, anunciou o pasado martes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.