Jácome quere ir máis aló de Ourense: crea unha formación "confederada" con DO coa vista posta nas autonómicas e xerais

Segundo explicou, o rexistro oficial formalizouse o pasado mes de abril, aínda que non deu máis detalles: "Ata aí podemos falar".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 08/05/2025 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou a creación dunhas novas siglas políticas coas que pretende presentarse a eleccións fóra do ámbito municipal. O anuncio realizouno este mércores a través das súas redes sociais, onde detallou que o novo partido está "confederado" con Democracia Ourensana (DO), a formación que lidera e coa que goberna o consistorio ourensán. Segundo explicou, o rexistro oficial formalizouse o pasado mes de abril, aínda que non deu máis detalles: "Ata aí podemos falar".

A publicación está acompañada dunha fotografía na que aparecen tres dos principais rostros de DO: o propio Jácome, Armando Ojea -deputado autonómico da formación no Parlamento galego- e Susana Gómez, xefa do gabinete da alcaldía. A imaxe e a mensaxe reforzan a intención de consolidar a presenza de DO máis aló do ámbito local e abrir a porta a unha participación en futuros comicios autonómicos e estatais.

Democracia Ourensana conta actualmente con representación no Concello de Ourense, onde ostenta a Alcaldía, no Concello de Barbadás cun concelleiro, e na Cámara galega cun escano. Con este novo paso, o partido busca ampliar a súa estrutura e presenza política a nivel supramunicipal, aínda que de momento non transcenderon nin o nome das novas siglas nin detalles sobre o seu programa político.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Rosa Veiga - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta