A Xunta descarta a declaración de emerxencia en zonas afectadas por temporais porque "non serve de nada"

Di que iso non está recollido na Lei de Emerxencias e no Plan territorial de Emerxencias de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2023 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, informou de que o Goberno galego non aprobará a declaración de emerxencia de interese galego que pide o PSdeG para zonas afectadas polos temporais rexistrados durante o pasado Nadal ao asegurar que "non serviría de nada".

"A emerxencia de interese galego é unha situación operativa recollida na Lei de Emerxencias e no Plan territorial de Emerxencias de Galicia que significa que hai un nivel de alerta que nos permite mobilizar os medios ante unha situación determinada. Non estamos no caso agora, polo que non serviría de nada atender esta petición para os concellos afectados", sostivo.

Así, tras lembrar que desde a aprobación da Lei de Emerxencia de Galicia en 2007 esta medida só se declarou coa pandemia da covid, dixo que en ningún caso vai asociada coa aprobación de axudas polos danos ocasionados, xa que os seus efectos limítanse á dirección e xestión da emerxencia no momento no que esta se produce en casos extraordinarios nos que se necesitan medios alleos na zona.

Así o manifestou este mércores en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do PSdeG Begoña Rodríguez Rumbo na Cámara galega, quen pediu que se aprobe esta medida nos concellos afectados polas intensas choivas e neve no pasado mes de decembro.
A parlamentaria do PSdeG lamentou que a única resposta do conselleiro de Presidencia fose mostrarse "disposto a visitar" estes municipios e lembrou os danos causados en zonas A Guarda, Tomiño, Oia ou O Carballiño.

Danos provocados polo temporal.
Danos provocados polo temporal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta