Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2023 | Actualizada ás 20:30
O ciclismo segue consolidándose como un deporte onde a presenza feminina é cada vez maior. A fenda de xénero neste deporte en 2022 reduciuse ata o 15,6%, segundo o Barómetro da Bicicleta en España e o 49,4% das mulleres son usuarias da bicicleta sobre o total da poboación.
Ante isto xorden iniciativas como All in Biking que buscan que esta comunidade siga crecendo. Esta é a unha aplicación que reune nunha única aplicación toda a xestión da bicicleta, as saídas, a comunidade de usuarios, o mantemento, a seguridade, etc.
Nun comunicado explican que na app as usuarias son un 20% pero que os fundadores pretenden facer coincidir estas métricas o máis preto posible coa dos usuarios masculinos. Por iso, un dos próximos obxectivos desta app é converterse na rede social dos ciclistas, permitindo a organización de eventos e saídas exclusivamente femininas, en calquera lugar do mundo, co fin de fomentar as saídas en grupo e aumentar esa porcentaxe.
“Con iso preténdese animar a todas as mulleres a gozar aínda máis dun deporte tan divertido como seguro, dotándoas de todas as facilidades e alternativas para sacarlle o máximo proveito.”, sinalan no comunicado.
Pero tamén hai outro tipo de iniciativas no ciclismo dirixidas exclusivamente ás mulleres como a Women in Bike, un proxecto da Federación Española de Ciclismo, que aposta polo ciclismo inclusivo e que busca motivar ás mulleres para que o goce, xerando máis de 7.500 encontros ata a data; a Volta Feminina que se celebrará na súa primeira edición en maio de 2023 ou a Mujeres en Bici, unha iniciativa que conta na actualidade cunha comunidade en liña de máis de 1.500 mulleres.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.