Morre Pablo Hinójar, o adestrador pontevedrés que puxo a xinansia española na élite

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 26/10/2024 | Actualizada ás 21:21

Comparte esta noticia

O seleccionador español de ximnasia acrobática, dobre mini-trampolín e tumbling, o galego Pablo Hinójar, faleceu este sábado aos 49 anos en Madrid, onde se atopaba para participar este fin de semana xunto a varios deportistas nunha competición, confirmou a Real Federación Española de Ximnasia (RFEG).

"A Real Federación Española de Ximnasia expresa a súa profunda tristeza e consternación tras coñecer o falecemento de Pablo Hinójar Rei (Pontevedra, 1975) esta mañá de sábado. Seleccionador Nacional de dobre mini-trampolín, tumbling e ximnasia acrobática durante os últimos anos, contribuíu á consolidación destas especialidades, alcanzando uns resultados sen precedentes na ximnasia española", sinalou o organismo federativo.

O técnico pontevedrés atopábase na capital española para participar, xunto a deportistas como Melania Rodríguez, campioa de Europa e do mundo de dobre mini-tramp, na competición de homenaxe á ximnasta María Herranz, falecida en abril aos 17 anos por culpa dunha meninxite.

"A súa prematura e inesperada morte deixa un oco irreparable tanto para a ximnasia galega como española. A súa paixón e implicación persoal será sempre lembrada polos ximnastas, adestradores, xuíces e persoas amantes do noso belo deporte", destacou a RFEG. "Estamos seguros de que a súa entrega e a súa dedicación pola ximnasia converterase nun exemplo a seguir para os seus ximnastas e para o resto dos adestradores españois. A familia da ximnasia lamenta a súa perda e desde a RFEG sumámonos ás mostras de agarimo cara á súa familia e seres queridos", finalizou.

Morre Pablo Hinójar, seleccionador español de ximnasia.. RFEG
Morre Pablo Hinójar, seleccionador español de ximnasia.. RFEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta