Denuncian que a Xunta "sacrifica" o parque do Xurés para "regalarlle a electricidade" a Alcoa

A plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova declara que a DIA favorable do proxecto eólico 'Lamas II' supón, segundo avisa da pasividade da Xunta fronte a protección ambiental.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2023 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

Unha plataforma en contra de proxectos eólicos promovidos para a serra do Xurés denuncia que a Xunta "sacrifica" estas montañas "para regalarlle a electricidade" á multinacional do aluminio Alcoa.

A través dun comunicado, a plataforma, que se denomina Stop Eólicos Xurés Celanova, critica que Greenalia recibiu este xoves a declaración por parte do Consello da Xunta de "iniciativa empresarial prioritaria" para subministración de electricidade á planta de Alcoa en San Cibrao, "a 200 quilómetros de distancia", segundo destaca.

"Mediante esta declaración, a Xunta reduce á metade os prazos para a tramitación do proxecto", indica este colectivo, e engade que "por moita declaración de interese empresarial que poida emitir a Xunta, o interese social deste proxecto para os veciños de Calvos de Randín, Os Blancos e Baltar é ningún".

A declaración de impacto ambiental favorable do proxecto eólico 'Lamas II' supón, segundo avisa, "que por encima de toda a normativa de protección ambiental e coa pasividade das diferentes administracións, Greenalia morde no territorio cos dentes da Xunta".

Parque Natural da Serra do Xurés
Parque Natural da Serra do Xurés | Fonte: Adrián Regos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta