Ana Miranda denuncia que Galicia é "vítima do lobby eléctrico" e pide a "prohibición" dos parques eólicos na costa

Insistiu en que o Bloque di si ás enerxías renovables pero respectando a diversidade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2023 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A eurodeputada do Bloque, Ana Miranda, denunciou no Parlamento Europeo que Galicia é un país "vítima do lobby da electricidade", que fai que a Comunidade sexa unha "colonia" debido aos proxectos de instalación de parques eólicos preto das costas. Ademais, avisou do impacto destas iniciativas na actividade pesqueira e á biodiversidade mariña.

"Non queremos que os proxectos 'off shore' destrúan a nosa riqueza marítima e por iso pedimos a prohibición deses parques eólicos diante da costa de Galicia", manifestou Ana Miranda.

Na súa intervención, da que informou o BNG nun comunicado, fixo referencia ás críticas efectuadas polos grupos ecoloxistas, como os convocantes da protesta que tivo lugar o pasado sábado na Coruña en defensa do sector pesqueiro, que denuncian o "colonialismo enerxético" ao que está sometida Galicia.

Miranda, que insistiu en que o Bloque di si ás enerxías renovables pero respectando a diversidade, destaca a importancia da cadea mar-industria, que en Galicia representa ao redor do 4,8% do PIB, ten unha facturación aproximada de 12.000 millóns, supón uns 64.000 postos de traballo directos, e representa máis do 10% da capacidade pesqueira do conxunto da UE.

A eurodeputada nacionalistas critica que o Goberno do Estado, "co silencio da Xunta", pretenda destinar 2.200 quilómetros cadrados da costa galega para a eólica mariña, o que supón que Galicia soportaría o "43%" da eólica mariña de todo o Estado.

Ademais, lembra que o Bloque rexeita os parques eólicos na costa galega polas características da propia plataforma galega. Así, indica que, ao ser moi estreita, provoca que os proxectos se sitúen a tan só 20-25 quilómetros; mentres que nos países europeos, estes parques sitúanse a 60 quilómetros da costa.

Desde o BNG considéranse que esta formulación pon en serie perigo o sector pesqueiro galego, polo que defende a retirada dos plans de eólica mariña do Goberno central e declarar a costa galega zona excluída de eólica mariña, para garantir o futuro do sector pesqueiro, xa que as características da plataforma continental galega fan que a pesca e a ecólica mariña sexan incompatibles.

Ana Miranda (BNG). BNG
Ana Miranda (BNG). BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta