Así é o 'narcosubmarino' Poseidón: tres compartimentos e capacidade para levar 5 toneladas de droga

O sumerxible foi levado ao porto de Vilagarcía.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 15/03/2023 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O 'narcosubmarino' achado baleiro a unha milla das costas de Arousa a principios de semana foi trasladado este mércores ao porto de Vilagarcía, onde permanecerá depositado nunha nave no peirao de O Ramal a disposición dos investigadores e do xulgado de instrución 2 desta localidade, encargado de coordinar as actuacións.

O batiscafo saíu a media mañá nun camión de transporte especial desde as instalacións do estaleiro privado, na Illa de Arousa, onde foi levado á primeira hora da tarde do martes, tras o seu reflotamento e remolque.

Como se puido confirmar tras ser izado e depositado na dársena, trátase dun semisumerxible de fibra de vidro, duns 20 metros de eslora e de fabricación caseira, moi similar ao achado a finais de novembro de 2019 na ría de Aldán (aínda que nese caso levaba dentro tres toneladas de cocaína, e producíronse 7 detencións, entre elas as dos tres tripulantes da nave).

Fontes da investigación sinalaron que o batiscafo atopado en Arousa, en cuxo costado pode lerse 'El Poseidón', está compartimentado no seu interior. Así, a parte de proa ten un espazo para dar estabilidade á nave, na parte central acomodaríase a droga (estímase a capacidade nunhas 5 toneladas), e a parte de popa, onde está o motor, está illada con chumbo para evitar ser detectado mediante dispositivos infravermellos pola calor da maquinaria.

Tras ser reflotado, os efectivos policiais puideron comprobar que non levaba carga nin tripulación a bordo. No curso da investigación determinarase se, como apuntaron fontes de Vixilancia Aduaneira, a nave ten relación cunha descarga de droga na que tamén estarían implicadas as planadoras varadas hai unhas semanas nas costas de Ribeira (A Coruña).

O narcosubmarino achado na ría de Arousa, á súa chegada ao peirao de O Ramal, no porto de Vilagarcía de Arousa
O narcosubmarino achado na ría de Arousa, á súa chegada ao peirao de O Ramal, no porto de Vilagarcía de Arousa | Fonte: Gustavo de la Paz

MANCHA GASOIL

Por outra banda, unha mancha de gasoil foi detectada nas últimas horas fronte ao litoral de Vilagarcía de Arousa, na contorna da praia de Compostela, aínda que non chegou a tocar terra, segundo informaron a Europa Press fontes do Concello.

Así, a mancha foi descuberta a última hora deste martes, xusto o día en que o 'narcosubmarino' afundido na ría foi reflotado e remolcado ata A Illa de Arousa, polo que os técnicos vinculan directamente a presenza do combustible no mar con ese semisumerxible e apuntan que "moi probablemente" sexa a orixe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 76 comentarios

19 Mailoc

Gentes, moitos deles filhos de desertores do arau falam agora de imposicons e farrapos de gaitas cando apenas ha que olhar o numero de jornais diarios em galego (CERO!!!!!!!), canles televisivas, estacons de radio, publicidade emitida....por nom falar-mos do input em castelhano que receve um galego-falante em relacom ao que acontece a inversa....Nom tedes vergonha, pra nazis vos que tedes tudo o aparelho e tinglado a prol vossa e assim ouveades coma cans raivossos...Culturizai-vos, um vai a Gales e olha como mesmo umha lingua minoritaria e minorizada cobra pulo pola auto-estima, ca temos que escutar autenticas animaladas dos defessores do hegemonismo castelhano, dos ignorantes da Historia...

18 Mailoc

E nojento como certas pessoas que pensam que som os adalides da democracia e da liberdade de expressom som incapazes de ver alem do seu embigo castelhanista HEGEMONISTA. A realidade linguistica do pais galego, de autentico apartheid cara a lingua na que fala a paisagem e o universo fisico e geografico do nosso pais trasvistese de democracia porque a uns cantos lhes convem pra agochar o seu profundo desprezo cara a lingua e cultura nada e aninhada neste pais no derradeiro milenio. Foi unicamente o feito hegemonico e imperialista do castelhano como lingua unica de obrigado cumprimento a que nos levou a situacom actual. Compre lembrar (o que estes fachas nunca fam) que ha apenas corenta anos o galego era a lingua primaria de mais do setenta da populacom galega (malia ser apenas umha lingua grafa e nom escrita, ja que a escolarizacom e alfabetizacom faziase ate ontem mesmo EM EXCLUSIVA EM ESPANHOL...e velai temos os resultados...

17 Santi

Facer valer certa superioridade político-moral en función da elección lingüística nun país con dúas linguas legalmente oficiais seméllame unha posición errada e absolutista. Contrariamente ao que dixo Taibo o outro día eu creo que o movemento do 15-M ou é de todo o Estado ou non ten sentido, xa que o que se pide hai que cambialo nas institucións do estado: Moncloa, Congreso, etc.

1 Tomás

La vena racista y prepotente de los nazis gallegos es una obsesión constante.

2 Rayleigh

Gracias Tomás por tu inestimable aportación. Como siempre se cuela algún "falabarato" por aquí como tu. Tu con ese comentario por supuesto no eres racista (que ya me dirás que pinta aquí esa palabra) ni prepotente. Rebosas humildad por todos tus poros. No es prepotencia. Es que cuesta mucho tener los pies en el suelo con juntaletras como el que encuentras todos los días en el espejo de tu baño. Cada día me sorprendo más de que sepais escribir.

3 o leo

Deixa ao Tomás, home!comparto a túa opinión mais pensa en todo o que nos entretén...sería moi aburrida a vida sen este tipo de bufóns... é moi divertido ver como se pelexan coa súa única neurona e ainda así non conseguen dicir nada con sentido...

16 moxena

Mui bom artigo e grande verdade.

1 San Pedro

Será "MuiTO bom"

2 Mailoc

Essa e a tua critica.....cosmetica....que magoa!

15 Galicia Confidencial

Repetimos unha vez máis que non se permiten insultos e descualificacións. Dámos as gracias de novo a todos os que contribúen, dende a visión política que sexa, ao debate construtivo. Recomendamos tamén a non entrar ao trapo dos que insultan. A eles animámolos a mudarse a un dos moitísimos foros que na Rede permiten comportamentos así.