Os grupos parlamentarios instaron, por unanimidade, á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno central unha base permanente do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) na Costa da Morte. O BNG sostén que a costa galega "está desprotexida" porque das seis bases que hai, "acaban de desmantelar dúas, Ribadeo e Muros".