Galicia rexistra 4.097 mortes por COVID mentres os casos activos suman 974

Os últimos falecidos rexistrados foron dous homes de 87 e 88 anos con patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2023 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

Os falecidos con covid elévanse a 4.097 desde o inicio da pandemia en Galicia, que rexistra 974 casos activos, fronte aos 999 notificados na xornada anterior.

Así se recolle no último parte actualizado da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade que informa de dous novos falecementos: o 20 de marzo, un home de 87 anos, da área sanitaria de Santiago-Barbanza e outro de 88 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, ambos con patoloxías previas.

En canto aos casos activos, cos datos ás 18,00 horas do martes, día 21, na área sanitaria da Coruña é de 212; 92 na de Lugo; 119 na de Ourense; 111 na de Pontevedra; 165 na de Vigo; 179 na de Santiago e 96 na de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, sete están en UCI e 178 en unidades de hospitalización, aos que se suman outras 789 persoas no domicilio.

Por áreas sanitarias, na área da Coruña están 53 en planta e unha en UCI; na de Ferrol, 18 e unha, respectivamente e na de Lugo son oito en planta e sen persoas en unidade de coidados intensivos.

En Ourense, son 19 en planta e un en UCI; en Pontevedra, son 25 en planta, sen pacientes en unidade de coidados intensivos; en Santiago, 34 en planta e catro en UCI, mentres que en Vigo son 21 hospitalizados e ningún en UCI.

Chegada de Paxlovid a Galicia para tratar a Covid-19 /  DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA  / Europa Press
Chegada de Paxlovid a Galicia para tratar a Covid-19 / DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta