O Premio Jesús Núñez da Deputación da Coruña abre o seu prazo o 2 de maio

Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o galardón no cinco anos anteriores á presente edición, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certámen.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2023 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O prazo de presentación dos traballos para o XVIII Premio Jesús Núñez de arte gráfica, que convoca a Deputación da Coruña, estará aberto entre o 2 de maio e o 30 de xuño, segundo informa o organismo provincial.

Dotado con 6.500 euros para a obra gañadora e unha exposición na Fundación CIEC, concede ademais, dous accésits consistentes cada un deles nunha bolsa de matrícula do módulo do máster de obra gráfica impartido pola citada entidade.

Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o galardón no cinco anos anteriores á presente edición, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certámen.

Cada artista poderá presentar un máximo dunha creación, en calquera das disciplinas das técnicas gráficas: gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.

BOLSAS A ESTUDOS ARTÍSTICOS

Noutra orde de cousas, a Deputación da Coruña concedeu 45 bolsas de apoio a proxectos de investigación e perfeccionamento de estudos artísticos para o ano 2023, ás que destinou un orzamento de 450.000 euros.

Un total de 45 persoas da provincia beneficiaranse destas axudas. Cada unha recibirá a contía de 10.000 euros.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta