Miñones asegura que "todas" as zonas rurais de Galicia terán conexión a internet ultrarrápida

Manifestou que as persoas que contraten este servizo en remotas e pouco poboadas do territorio contará cunha bonificación do Goberno para facelo accesible.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2023 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, anunciou en Ponteceso que o Goberno asegurará a conexión a internet de alta velocidade en todas as zonas rurais de Galicia mediante o novo plan que aprobou o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital no marco do Plan de Recuperación.

Segundo avanzou, o programa UNICO Demanda Rural universalizará o acceso á banda ancha ultrarrápida no cento por cento do territorio galego. Fíxoo nunha reunión con veciños e veciñas na que tamén participou o alcalde, Lois García Carballido.

"A conectividade é un elemento básico para garantir a supervivencia dos pequenos concellos, é unha arma contra o despoboamento", sostivo José Miñones, quen manifestou que as persoas que contraten este servizo en remotas e pouco poboadas do territorio contará cunha bonificación do Goberno para facelo accesible. O Goberno adxudicou de maneira provisional á empresa Hispasat a extensión da banda ancha vía satélite a todas as zonas rurais.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visita Ponteceso. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visita Ponteceso. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta