Piden a revogación da declaración de impacto ambiental do parque eólico "As Encrobas" por "graves erros" na documentación

Sinalan que a Declaración de Impacto Ambiental non ten en conta "profundas afeccións á saúde e ao patrimonio natural e cultural"

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/03/2023 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

A Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo vén de enviar un requirimento á Xunta de Galicia para a revogación da Declaración de Impacto Ambiental do parque eólico "As Encrobas". Fano por "graves erros" nos documentos do promotor, Naturgy, así como nos informes das administracións. 

Simulación de apariencia dos eólicos vistos desde o Val de Barcia
Simulación de apariencia dos eólicos vistos desde o Val de Barcia | Fonte: Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo

Desde o colectivo sinalan que a Declaración de Impacto Ambiental carece de "veracidade e validez técnica" por non ter en conta "profundas afeccións á saúde, ao patrimonio natural e cultural e á paisaxe" do Val de Barcia e do Monte Xalo. 

No escrito remitido, a asociación demanda que se tramite de novo a declaración coa "documentación correcta" do promotor así como dos informes das administracións.  Así, sinalan que a asociación amosa, nos documentos adxuntos, causas "máis que suficientes e graves" sobre a falta de veracidade e validez técnica dos documentos do promotor e que contrastan con informes asinados por técnicos expertos. Poñen como exemplo que os eólicos simulados son dunha altura total menor que 70 metros, mentres que os que se van instalar teñen unha altura total de 200 metros. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta