O BNG esixe mellorar a seguridade viaria na N-651 ao seu paso por Paderne

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas pola alta sinistralidade do punto

Por E.P. | A Coruña | 25/03/2023 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas na cámara baixa para a mellora da seguridade viaria da estrada N-651 ao seu paso polos termos municipais da comarca das Mariñas, na Coruña.

En concreto, o nacionalista esixe ao Goberno das Estado actuacións urxentes no cruzamento da estrada coa AC-164, na saída de Ponte de Pedra en Souto, no Concello de Paderne, e resolver as necesidades dos núcleos de poboación de Souto e Insua para implantar pasos de peóns, sendas ou beirarrúas que permitan a humanización da vía.

A N-651, que percorre a comarca das Mariñas, presenta varios puntos perigosos, lembra o BNG. Algúns dos máis conflitivos atópanse no termo municipal de Paderne, como o cruzamento da estrada coa AC-164, cunha alta sinistralidade.

"O alto perigo deste cruzamento tratouse en varias sesións plenarias do Concello de Paderne e mesmo existen acordos para solicitar, neste punto, a construción dunha rotonda co obxectivo de diminuír o risco para o tráfico", lembra o candidato do BNG á alcaldía de Paderne, Manel Pérez.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta