Por E.P. | A Coruña | 25/03/2023 | Actualizada ás 17:16
O conselleiro do Medio Rural, José González, participou este sábado na inauguración da Feira de maquinaria agrícola e produtos ecolóxigos (Magreco) de Boimorto, que destacou como "o escaparate por excelencia" das novidades industriais do sector primario.
Segundo trasladou a Xunta, o titular de Medio Rural afirmou que é "o mellor espazo para intercambiar experiencias, impresións e coñecementos sobre asuntos de interese para a mellora das explotacións agropecuarias e forestais".
Así mesmo, o conselleiro sinalou que esta feira comparte un dos obxectivos marcados polo Goberno galego que, tal e como explicou, "pasa por avanzar na mellora constante do rural galego en xeral e das explotacións en particular".
Neste sentido, asegurou que a finalidade é conseguir un rural "vivo, competitivo e innovador, sempre á vangarda dos últimos avances tecnolóxicos que permitan mellorar a calidade de vida dos habitantes e traballadores do rural".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.