Von der Leyer suspende a reunión con Alfonso Rueda por "problemas imprevistos na axenda"

Polo momento non se concretou outra data para o encontro

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 26/03/2023 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyer, suspendeu a reunión que tiña previsto manter este luns co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, debido a "problemas imprevistos en axenda" comunicados este mesmo domingo.

Segundo trasladaron fontes de Presidencia a Europa Press, polo momento non se concretou outra data para levar a cabo este encontro, no que o titular do Goberno galego tiña previsto incidir  "nas fortalezas e oportunidades" da economía galega, que destaca a nivel europeo en sectores como o téxtil, a automoción ou o agroalimentario.

Ademais, entre os asuntos que levaba na carteira tamén figuraban "os atrasos e a baixa execución" dos fondos europeos para a industria, así como a importancia de apostar polo desenvolvemento da conexión ferroviaria de mercadorías ou a posta en valor do sector pesqueiro da Comunidade, sobre o que quería recalcar os retos aos que se enfronta a pesca e a necesidade de "ponderar adecuadamente" os factores socioeconómicos, ademais dos ambientais, na toma de decisións.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, á súa saída dunha reunión
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, á súa saída dunha reunión | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta