Pacto cos ourensás

Cando non queres dicir claramente o que pensas, soltas unha frase e deixas a porta aberta a como veñan os resultados electorais. Esa é a mellor saída. Desa mneira xogando coa ambigüedade sempre tes unha posibilidade de actuar segundo a necesidade partidaria ou a túa comenencia pra conquerir o obxectivo marcado.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 31/03/2023

Comparte esta noticia
A política local ourensá pasa, na actualidade,  polo momento máis escuro  e nefasto  da época democrática.  A encrucillada na que esta o noso concello irradia e vai máis alá do que pode acontecer na cidade das Burgas. Pois neste momento, no concello da capital,  tamén se xoga a presidencia do Pazo provincial e a perda dun símbolo que sempre lle pertenceu ós populares. E a  verdade é que moitos anos de poder do mismo partido nunha institución como é o caso,  sempre traen excesos, corruptelas e a sensación de que o mando  dese ente  público lle  pertence eternamente.
 
Diante esta situación, e o descalabro que foi o pacto con Jacome,  as contrariedades afloran e sauen á luz. Uns dín que nunca pactarán con Jácome; mentres  outros, da misma formación,   din que faran sempre un pacto cos ourensás. E  despois de levar  na cidade  oito anos sufrindo, primeiro o torpedeo pra   non deixar gobernar a un alcalde como foi o caso de Jesús Vázquez.  Agora temos  outros catro sendo mal gobernados por catro concelleiros de 27 que, despois  dun pacto abortado co PP,    e de incumplir todo o prometido, adícanse a facer festas a cargo da institución local, co único obxectivo de  dar un espiche ós asistentes deses actos mal chamados culturais.
 
Agora que estamos convocados  a votar o 28 de maio, compre posicionarse e xa saen á luz as primeiras contradiccións. E tras delas, son moitas as preguntas que precisan respostas claras. Mais percibo que a saída pola tanxente dalgún mandamais xa está  a anunciar o que moitos pensamos: haberá pacto se o preciso pra seguir na cadeira.  Pactarei cos ourensás, é o lema  ou  dito escollido. E iso é tanto como apelar o camarote dos irmáns Marx:  istes son os meus princpios, pero se non lle valen teño outros. O que resumido ven a dicir:  atuarei segundo  o precise en función do  resultado electoral.
 
Ourense, é a terceira cidade galega polo número de poboación. Pero Ourense, por moito que nos pese,  camiña á deriva poboacional e tamén política.  E, por triste que pareza, case nada pinta na política da Xunta. E iso que con oito deputados populares en Compostela podería  condicionar o goberno de Rueda. Mais ó apego ó poder provincial e o desexo de manter esa praza toda a vida pode levar á provincia  a vivir e  a aumentar  a decadencia da vida local ourensá.   E de novo, segundo as enquisas,  estamos nunha encrucillada que pode perpetuar o desastre outos  catro anos.
 
En fin, cando as patoloxías entran nunha sociedade, arredalas  costa moto traballo. E moito me temo que, nesta cidade,  estamos nunha situación que se asemella moito a  sofrir  unha patoloxía  de populismo que vai camiño de facerse crónica. Polo que incluso,  de non haber unha maioría progresista, por mor dunha situación especial, un pacto entre contarios pode ser a solución pra arredar a cidade definitivamernte desta noite escura.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar. EUROPA PRESS - Arquivo
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar. EUROPA PRESS - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com