(Vídeo) Fillas de Cassandra gaña o VIII premio aRi[t]mar a Mellor Música do Ano en Galicia en 2022

A mellor Música de 2022 en Portugal foi para 'Maçãzinha', da agrupación portuense Retimbrar, en colaboración coa mosense Uxía Senlle.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2023 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

O dúo vigués Fillas de Cassandra e a súa canción 'II. Lisístrata (varre vasoira)' resultaron gañadoras do VIII premio aRi[t]mar a Mellor Música do Ano en Galicia en 2022.

Segundo trasladou o propio certame nun comunicado, aRi[t]mar bateu nesta edición a súa propia marca de participación cun total de 6.792 votos, o que supón case un 30% de incremento con respecto á edición anterior.

A organización do certame apuntou que a canción de Fillas de Cassandra, grupo composto por María Pérez e Sara Faro, dá conta de que a escena musical galega "segue innovando sen necesidade de abandonar a tradición cultural, reformulando a mensaxe feminista a través dun espazo no que a Grecia Clásica convive coa música electrónica".

Pola súa banda, o tema elixido como Mellor Música de 2022 en Portugal é 'Maçãzinha', da agrupación portuense Retimbrar, en colaboración coa mosense Uxía Senlle. A canción é unha mestura de sons folk, populares e doutras orixes con presenza da percusión tradicional lusa.

O grupo Fillas de Casandra
O grupo Fillas de Casandra | Fonte: ataquilla.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta