Activado o aviso amarelo por fortes refachos de vento para este xoves

O venres haberá aviso laranxa en toda a costa galega por mar combinado, con ondas que poderán alcanzar entre cinco e sete metros

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 29/03/2023 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

Parte da comunidade galega permanecerá este xoves en aviso amarelo por fortes refachos de vento, unha alerta que será laranxa no caso da Costa da Morte e o noroeste da Coruña. En concreto, a partir das 9,00 horas o norte da comunidade e as zonas de montaña de Lugo e Ourense activarase o aviso amarelo por refachos que poderán superar os 70/80 quilómetros por hora.

Ademais, tamén haberá aviso amarelo na costa, un nivel de alerta que será laranxa a partir das 12,00 horas na Costa da Morte e no noroeste da Coruña, con ventos do suroeste que poderán alcanzar fórzaa oito. Xa na xornada do venres haberá aviso laranxa en toda a costa galega por mar combinado, con ondas que poderán alcanzar entre cinco e sete metros.

A costa galega permanecerá este xoves en aviso amarelo por vento
A costa galega permanecerá este xoves en aviso amarelo por vento | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta