Condenan á USC a negociar cos sindicatos as achegas ao plan de acción social do persoal de administración

É a segunda sentenza que obriga á USC a incluír a este colectivo, que aglutina a máis de 500 traballadores, nas negociacións

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/03/2023 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

A sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condenou á Universidade de Santiago de Compostela (USC) a negociar cos sindicatos as achegas ao plan de acción social do persoal de administración e servizos con vínculo laboral.

O fallo, difundido este mércores polo sindicato CC.OO. e contra o que cabe recurso de casación ante o Supremo, outorga un prazo de 30 días á institución académica para abrir un proceso negociador para acordar as contías deste plan para o exercicio de 2021.

Trátase da segunda sentenza que obriga á USC a incluír a este colectivo, que aglutina a máis de 500 traballadores, nas negociacións deste fondo, dedicado a cubrir invalidez ou morte e para realizar achegas a un plan de pensións privado, como explica o sindicato.

Segundo detalla Comisións, no anterior proceso (do período 2018-2020) supuxo unha contía de 841,43 euros para canda uns dos partícipes no subplan de pensións do persoal de administración e servizos da USC.

O sindicato cre que o "ton rotundo da sentenza", no que a sala subliña o incumprimento da USC do convenio pactado, a institución académica compostelá debe cumprir cos seus "deberes". Así pois, demanda que as achegas de 2022 "sexan ingresadas como corresponde, sen obrigar as traballadoras e traballadores a emprender unha nova acción xudicial en defensa dos dereitos laborais".

Macrosala de vistas na nova Cidade da Xustiza de Vigo
Macrosala de vistas na nova Cidade da Xustiza de Vigo | Fonte: TSXG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta