Unha detida pola retención dunha muller en contra da súa vontade en Ribeira

A vítima denunciou estar a ser retida nun piso para exercer a prostitución

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2023 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Unha muller foi detida no municipio coruñés de Ribeira pola súa suposta vinculación á retención en contra da súa vontade doutra muller, segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación.

A edición do Barbanza do diario 'La Voz de Galicia' informa este mércores que a liberación da muller, que denunciou estar a ser retida nun piso para exercer a prostitución, produciuse na madrugada do pasado luns.

Unha axente da Policía Nacional
Unha axente da Policía Nacional | Fonte: Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta