Compostela Aberta apunta a coalición de Podemos, ANOVA, IU e Espazo

Nesta entrevista con Javier Vázquez, covoceiro de Compostela Aberta, abórdanse os contactos preelectorais desta Plataforma, a votada pola militancia de Podemos para presentarse ás locais. O inminente proceso de primarias, o modelo de cidade, a inspiración do 15M e a posibilidade de pactar co PSdeG son outros dos temas desta conversa.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 13/02/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Que os animou a lanzar o proxecto de Compostela Aberta? É Compostela Aberta un fillo do espíritu do 15M?

Javier Vázquez, covoceiro de Compostela Aberta
Javier Vázquez, covoceiro de Compostela Aberta

O 15M evidenciou a perda de lexitimidade das institucións ante unha nova sociedade, a cal reclamaba e reclama unha democracia máis aló do voto cada 4 anos, añubda por riba mal entendido pola vella política coma un "cheque en blanco".  O xérmolo de Compostela Aberta foi a plataforma Santiago de Corruptela, creada a raiz dos escándalos que asolagaron o concello desde a chegada de Conde Roa á Alcaldía. Desde ese momento, foi recollendo as demandas cidadás de máxima transparencia e participación nos asuntos que nos conciernen a todos e todas. Foise enriquecendo coa achega de persoas de todos os edidos da sociedade e evoluiu ate o que agora é: unha proposta distinta de governanza municipal baseada na corresponsabilidade da cidadanía nos asuntos de goberno, na transparencia como eixo central da actividade municipal, na participación activa e estruturada da cidadanía e a defensa do ben común. Pretendemos, co apoio e colaboración da cidadanía, mudar as formas de governo e polas á altura esixida pola sociedade informada e corresponsable do século XXI. 

A Plataforma mostra un discurso moi crítico coa vaga de suposta corrupción que asolou o Concello nesta lexislatura

Non é suposta, a corrupción en Santiago é un feito á vista de todas, tanto polas sentencias xudicias como polas imputacións ...

Trátase dun problema das persoas que ocuparon os postos de responsabilidade ou do propio sistema político local?

Sexa cal sexa o resultado xudicial das causas aínda abertas, as actuacións dos alcaldes e concelleiros xa depostos son inaceptables na vida política e na xestión do ben común. Porén, o problema non é únicamente de persoas, é do propio sistema. A falta de mecanismos de control e de transparencia, xunto coas fórmulas "dixital" e xerárquica de selección das élites, clásicas do bipartidismo, incentivou a aparición dos casos de corrupción e destas persoaxes  

Cal é o modelo de cidade que defende Compostela Aberta? 

Tal como salientamos no noso manifesto fundacional, o noso modelo de cidade é unha "cidade aberta", en primeiro lugar á participación e ao debate. É unha cidade no que o ben común prima sobre intereses particulares e lobbies de poder. Unha cidade na que os seus rsponsábeis políticos están suxeitos a rendir contas permanentemente, non so cada catro anos, aplicando a transparencia a cada unha das súas accións. Unha cidade que prime a sustentabilidade social, ambiental e económica, primando o local, o próximo e as solucións ambientais de pequena escala. Unha cidade na que a radicalidade democrática sexa a súa norma de cabeceira, unha cidade igualitaria, cooperativa e solidaria. En definitiva, unha cidade das persoas e para as persoas, sexan quen for e veñan de onde veñan.

Debe ser o turismo o motor económico da urbe?

É obvio que o turismo continuará a ter un peso específico na economía da cidade, máis cómpre enfrontar o debate sobre que tipo de turismo e como o xestionamos. Máis tamén a cultura, a investigación apoiada na presenza da universidade, o comercio local ou as empresas de economía social poden e deben ser motores económicos para contribuír ao benestar e a equidade social da cidadanía de Compostela e da súa contorna  

A militancia de Podemos Compostela acaba de votar sumarse á Plataforma para os comicios locais. Como valoran esta decisión na Plataforma?

A valoración non pode ser máis positiva e agradecemos a Podemos Compostela a súa confianza no proxecto, do que sen dúbida serán peza fundamental. Entendemos que esta decisión foi moi ben valorada en xeral, recibimos moitas mensaxes de apoio e felicitación por esta decisión.

 Que puntos en común a nivel ideolóxico atopan entre a Plataforma e Podemos?

A nivel ideolóxico, con Podemos temos en común o entender a política como un medio para lograr unha democracia participativa, transparente e aberta á cidadanía. Somos, nin máis nin menos, persoas normais traballando ao servizo de persoas normais.

Algúns medios, non GC, deron por feito que as forzas que conforman AGE (Esquerda Unida, Ecosocialistas, ANOVA e Equo) tamén se sumarán a Compostela Aberta. Existen conversas formais con algunha destas formacións? Verían con vos ollos que se incorporaran?

Calquera persoa que comparta o manifesto de Compostela Aberta, é benvida, independentemente da súa adscripción política. Compostela Aberta son persoas organizadas, non partidos. Tendo esto claro, si mantivemos conversas formais cos partidos. Con respecto a AGE: Ecosocialistas e Equo xa confirmaron o seu apoio. Anova e Esquerda Unida mostraron a súa clara vontade de confluencia. Moitas persoas de dentro de fóra do espazo AGE participaron e participan no proceso de construcción de Compostela Aberta. Con seguridade, moitas máis seguirán sumándose ata ás eleccións.

As eleccións están aí, serán o 24 de maio. Vostedes prometeron organizar unhas primarias abertas a toda a cidadanía. Poden explicar como serán os prazos e o proceso? Vaise votar por Internet? Con que censo se vai traballar?

Na última asamblea, celebrada este luns, fixouse a data do 28 de febreiro para presentar publicamente o noso regulamento de primarias e confirmar o calendario a desenvolver que será ao longo do mes de marzo. As premisas básicas son as da máximas facilidades de participación posíbeis e o rigor no proceso e resultados, ofrecendo a posibilidade de votación presencial e en liña, cuns requisitos mínimos. O feito de participar nunhas eleccions primarias non debe ser un calvario burocrático.

Teñen expectativas de gobernar a cidade? 

Compostela Aberta preséntase para gañar e gobernar a cidade apoiada na participación da cidanía. A confluencia crecente de forzas, en forma de persoas con múltiples orixes políticos e sociais, pero cunha vontade clara e compartida de cambio, é unha ferramenta transformadora moi poderosa e así estase a percibir na sociedade. Debemos gobernar para poder cambiar a forma de goberno.

Desbotan de entrada calquera pacto co PSdeG?

A partir da confirmación dos resultados das eleccións, e en función deles, as opcións posíbeis decidiranse participativamente co conxunto da cidadanía en asembleas abertas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

8 Gamela

Por fin falamos INGLÉS! http://youtu.be/gPGGJpOiseI

7 Galego Ceibe

Moita sorte !! hai que rachar coa disciplina cuartelaria PP+coroneis da UPG.

6 tin

Nin de dereitas nin de esquerdas estos o que son é do centro comercial....con sorte

5 Galicia independente

Eu votarei por CxG (Miguel Barros: Vigo), a esperanza do galeguismo. Das forzas nacionalistas é a que máis se parece á sociedade galega, ten propostas rexeneracionistas, non ten ningún caso de corrupción, é xente honesta e respectuosa, é europeísta e está alonxada dos excesos esquerdistas doutras formacións: faino dende o centro-esquerda. Non agora, pero supoño que a medio prazo CxG faralle o "sorpasso" a BNG, Anova e incluso ó PSdeG. Do mesmo xeito que Podemos llo fixo a IU e llo está facendo ó PSOE, ou C´s a UPyD. Por suposto que quero que BNG e Anova sexan fortes, pero penso que a referencia máis positiva do galeguismo progresista é Compromiso por Galicia.

1 Daniel

Iso do "sorpasso" é un pouco atrevido tendo en conta os últimos resultados de CxG e o grao de conhecemento que hai do partido e dos seus candidatos. Eu aínda que simpatizo coa súa ideoloxía non lle vexo moito futuro, averdade. Se Quintana e Aymerich montan algo fóra do Bloque quizais sexa unha oportunidade para unha retirada digna das siglas de CXG

2 Antón de Guizán

zaaaaasssssss,zaaaaaaassssss,zaaaaassssss, en toda a boca ao BNGuai-UPG

3 Galicia independente

É certo que Quintana sería o "Beiras" de CxG, é dicir a cara máis coñecida mediáticamente. Aymerich penso que o é menos entre @s galeg@s. Non obstante, algunhas "malas prácticas" do ex-Vicepresidente no Bipartito (subvencións a prensa afín, aumento de cargos públicos, pequenas cacicadas cos vellos) farían perder certa "pureza" ó discurso de CxG, polo que tería os seus pros e contras.

4 Galicia independente

Ademais, Compromiso enfróntase á "españolización" dos medios de comunicación: nunca tantas cadeas estatais houbo nin con importantes cuotas de audiencia e de seguimento en Twitter (13TV,LaSexta,24h,Cuatro,Tele5...). Se xa para partidos novos e "alternativos" estatais diferentes de Podemos custa atopar espacio mediático (VOX, Equo,C´s, Movimiento RED...), máis o ten CxG. e non creo que a TVG e La Voz estén a favor de darlle publicidade

5 Galicia independente

De feito, penso -e supoño que algúns aquí estaredes dacordo- que vivimos nun claro proceso de españolización mediática, como antes apuntaba. E ilo penso que ten que ver cos malos resultados de AGE e BNG no último enquérito de Sondaxe ou na perda de peso do nacionalismo vasco en Euzkadi (Podemos é case 1ª forza e cae o sentimento nacionalista) e Navarra (onde Podemos é xa primeira forza). Supoño que isto tamén afectará a Canarias. Desta ondaxe de forzas estatais só resistirá Cataluña.

4 Pechotes

Nesta coalición falta a Tuna Compostelana

1 eusi

Seica se sumaron ás Asembleas Abertas do Bnjajaja