Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2025 | Actualizada ás 15:08
O alcalde socialista de Ames, Blas García, pediu ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a convocatoria de eleccións xerais ante unha "situación política irrespirable" por casos de corrupción. Nunha mensaxe no seu perfil oficial da rede social X, García afirma: "Non son sospeitoso de non apoiar a Pedro Sánchez, pero teño claro que antes do termo de 2025 hai que celebrar as xerais". "Debe porlle fin a esta lea e á situación política irrespirable", agrega. Ademais, o rexedor deste municipio coruñés limítrofe con Santiago reclama o adianto electoral de xenerais para "separar este proceso das municipais e as autonómicas". Este escrito acompáñao dun link a unha noticia de El País co titular: 'Crece a presión no PSOE para que Sánchez adiante as eleccións xerais'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.